As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello
< | Febrero 2025 | |||||
Lu | Ma | Mi | Ju | Vi | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | ||
©2002 elpater
Non me queda máis remedio que recoñecer que ainda non visitei os batáns de Mosquetín, un pecado que ten difícil perdón, por canto fun testigo presencial da teima incesante de Xosé Mª Lema, Chaíto, sobre a Dirección Xeral do Patrimonio Histórico, durante os dous anos (1985-1987) que exercín a Xefatura dos Servicios Técnicos de Arqueoloxía baixo a dirección de Raquel Casal, antiga xefa e actual boa amiga. Lembro ter bromeado con Raquel dicíndolle "Xefa, é mellor que lle restaures os batáns a Chaíto, porque do contrario non o vas quitar de encima". Tan teimudo foi cos batáns que, cando o vía chegar pola Dirección Xeral, xa lle entonaba unha copliña ad hoc:
O batán de Mosquetín
fai tirín-tin-tin.
De Mosquetín o batán
fai tarán-tan-tan.
E non foi só Chaíto. Outros houbo que tamén deron a murga arreo para que os batáns fosen rehabilitados. Dende logo, Roberto Mouzo, un dos grandes de Vimianzo, hai pouco desaparecido. E, se a memoria non me engana, tamén Xosé Ameixeiras, hoxe director da delegación de Carballo de La Voz de Galicia. Se os batáns non desapareceron convertidos en ruina, e se hoxe poden ser visitados, foi gracias a eles, e xusto é recordalo así.
Poucas terras, poucas, co pulo e a conciencia de Bergantiños e Soneira. Bravo por eles.
De Dombate pouco podo engadir o xa dito unha e mil veces, salvo destacar a foto de José Manuel Casal que testifica o impresionante traballo realizado no monumento por Manolo Lestón e os seus colaboradores. Velaí, por se fixera falta, a proba contundente de que en Manolo Lestón temos un dos máis sólidos, fiables, eficaces e eficientes arqueólogos da Galicia actual. E tamén, se acaso, sinalar a sopresa que levei ao ver que a autora dos textos é Dolores Vázquez, redactora daquela delirante noticia na que, sen comprobar a veracidade e as fontes, redactou e publicou, en xaneiro de 2011 se mal non lembro, unha serie de mentiras que lle colaran acerca de min e do Juzgado de Instrucción nº 1. Non oculto a satisfacción de que hoxe tivese que poñer o meu nome, mesmo disimulando o meu papel nun "participó en las primeras excavaciones", nun solto, ben destacado en cor, sobre o 25 aniversario das escavacións que no seu día propuxen e dirixín. Non hai coma o tempo para que cada un ocupe (ou volte ocupar) o lugar que lle corresponde.
E sempre é bo lembrar que, frente ás máximas de Goebbels "calumnia, que algo queda" e "unha mentira repetida mil veces transfórmase nunha verdade", se ergue a voz rexa e baril de Abraham Lincoln: "Pódese enganar a todos algún tempo. Pódese enganar a algúns todo o tempo. Pero é imposible enganar a todo o mundo todo o tempo". Que se saiba.
E tamén, sempre, a de Tomás de Kempis: "Non és máis porque te alaben nin menos porque te vituperen. O que és, iso és".
Tweet
2013-03-19 22:53 | 2 Comentarios
URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/73159
1 |
|
||
Realmente aprecio este post. ¡He estado buscando por todas partes esto! Gracias a Dios que lo encontré en Bing. ¡Me hiciste el día! Gracias de Nuevo scary hidden object games |
2 |
|
||
This is utterly surprising; why aren't we paying more attention to this thing? |