As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello
< | Febrero 2025 | |||||
Lu | Ma | Mi | Ju | Vi | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | ||
©2002 elpater
A miña homenaxe aos que o fixeron posible:
O primeiro equipo de consolidación e restauro.
Ao deixarmos ao descuberto, na campaña de 1988, as pinturas do monumento, que abranguían a totalidade das lousas da cámara e do corredor, prantexóusenos de inmediato a dificultade técnica da súa conservación a fin de que puideran seren contempladas polos cidadáns (mágoa que os máis que incorrectos criterios aplicados na solución que arbitrariamente impuxo o poder da Administración, que nin aprobamos entón nin aprobamos agora, impidan que o público vexa as pinturas orixinais, sustituidas por unha réplica fóra de contexto e carente tanto de significado científico como de emotividade: para esa triste e pobre viaxe non facían falla alforxas nin costosísimos alardes arquitectónicos fóra de lugar). A fin de enfocar dun xeito correcto a difícil problemática que se abría co inesperado achado, a Diputación da Coruña aceptou correr cos gastos dunha reunión de urxencia, coordinada polo entón Director do Museo de Belas Artes da Coruña, Félix de la Fuente Andrés. Os mellores expertos en tratamento de pinturas murais e de restos prehistóricos afrontaron de bo grado as dificultades e incomodidades e trasladáronse unha fin se semá a Dombate, onde tiveron lugar intensas e longas reunións e estudos de campo que abrangueron tamén o dolmen de Pedra Cuberta, xa publicado no seu momento por Georg Leisner. Deses traballos de campo, desas reunións e desas discusións saíron as pautas e criterios fundamentais que posteriormente foron desenvolvidos e executados por profesionais e empresas do sector.
Todos estes profesionais do primeiro equipo, fundamental para a salvación das pinturas, prestaron a súa actuación de xeito voluntario e gratuito. É de xustiza, non cumprida ata hoxe, que esta xente xenerosa sexa recoñecida. Vaia para eles o noso agradecemento e a nosa homenaxe:
De esquerda a dereita: Carmen del Valle, María Sanz, Félix de la Fuente, Ignasi Millet, Carmelo Fdez. Ibáñez, José María Bello, Fernando Cebrián.
Tweet
2013-01-01 20:50 | 7 Comentarios
URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72824
1 |
|
||
Grazas por ilustrarnos.
|
2 |
|
||
¡Pouco teño eu que ilustrarlle, don Patiño! Pero por suposto é todo seu. Copyleft ou Creative Commons que lle din :-) En en canto poida paso polo blog. Se en algo podo axudar non ten máis que dicilo. Unha aperta, Patinho, e que o ano que entra nos colla confesados!!! |
3 |
|
||
Grazas, mestre. |
4 |
|
||
Alguien me ayudó esencialmente a hacer publicaciones críticas que yo afirmaría. Esta es la primera vez que frecuenté tu página web y hasta ahora? Me sorprendió con la investigación que hiciste para hacer este envío real extraordinario. Proceso maravilloso! free scary games |
5 |
|
||
Thanks for sharing the informative information dvd player software windows 10 is a best quality and latest version and best sound. |
6 |
|
||
|
7 |
|
||
Thank you, Don Brigantinus. Let's see if you're lucky and we'll see you on some of your home tours; in the summer you caught me in full operation in Madrid. |