ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso,
actualízate. merece mucho la pena.
As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello
Arquivos
< | Febrero 2025 | |
Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
|
|
|
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
*************************
*************************

*************************

©2002 elpater
Inicio >
Historias > O Castro de Elviña en La Opinión: seguimos adiante
O Castro de Elviña en La Opinión: seguimos adiante
2012-07-25 20:26:54+02
Hoxe é o diario
La Opinión quen adica prácticamente unha páxina a dar a coñecer a próxima, cáseque inminente, campaña de escavacións arqueolóxicas no Castro de Elviña.
Nun documentado artigo asinado por
Viviana Burón sinálanse os obxectivos da actuación: estudar unha nova parte da muralla exterior (na que previamente, como saben os lectores destas páxinas, xa se fixeron estudos con xeorradar coa colaboración da empresa Insitu), tentar de comprender a estructura circular exterior ao castro que José María Luengo daba como unha mámoa megalítica, e, se houber tempo e cartos, unir as dúas zonas escavadas extramuros da croa por Luengo e por nós.
Non oculta o diario a autoría do proxecto nin o seu orzamento, a cargo do Ministerio de Fomento e do Concello da Coruña, promotor, a través da Concellería de Cultura e do Museo Arqueolóxico e Histórico que dela depende, das actuacións sobre o Castro de Elviña que se artellan no chamado Proxecto Artabria.
Gracias, La Opinión. Sodes todo un exemplo. Mágoa que algún que outro medio, que no seu día foi fundamental e que hoxe está a derivar progresivamente cara ao escándalo, morbo e amarelismo mesmo a costa de retorcer a verdade, nin estea nin se lle espere. No fondo é cuestión de falla de cultura: mentres uns ven en Elviña un poboado das poboacións antigas, outros(/as) non pasan de ver bragas. Certo é que en Elviña sempre medraron as lavandeiras que coidaban da limpeza da roupa das señoritingas. Pero xa vai sendo tempo de que a cousa cambie e cada quén se encargue das súas suciedades, ¿nonsí?
O Castro de Elviña será de toda Coruña ou non será. Non é un proxecto fácil, nunca o foi. Se se quere que saia adiante é necesario o esforzo de todos. É mágoa que haxa xente ruin adicada en corpo e alma a poñer paos nas rodas e botar pedras nos engranaxes. Pero iso é sempre así: é necesario pasar por riba dela e mirar o futuro con ilusión e con entusiasmo.
Cousas como esta axudan. ¡A seguir informando!
2012-07-25 20:26 | 6 Comentarios
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/72152
Comentarios
1
|
De: Brigantinus |
Fecha: 2012-07-25 22:36 |
|
Noraboa. Sobre os xornais, o de sempre: algúns informan, e outros falan dos "pararraios dos Picapedra".
|
2
|
De: Anónimo |
Fecha: 2012-07-29 14:39 |
|
Gracias, Brigantinus. ¿Cándo caes por aquí? A ver se este ano nos vemos, xa che contarei por qué non foi posible o ano pasado, que non é cousa de andar pregonando estas cousas pola rede.
|
3
|
De: Brigantinus |
Fecha: 2012-07-31 00:06 |
|
Pois nun par de días estou aí... que teño ganas de ver a planta baixa do Museo.
|
4
|
De: Brigantinus |
Fecha: 2012-07-31 00:09 |
|
Por certo, nunhas horas, excursión a terras avulenses. Obxectivo: na vella Vettonia, ao pé da serra de Gredos, o castro de El Raso de Candeleda. O vicio non se da quitado do corpo ;-)
|
5
|
De: Bea |
Fecha: 2012-07-31 18:52 |
|
No sé si te acuerda de mí, Bea, estuve los dos primeros años excavando en Elviña, os dí una conferencia sobre los vettones. ¿Cómo va todo por ahí?.
|
6
|
De: Brigantinus |
Fecha: 2012-08-06 11:09 |
|
Hombre, Bea, claro que me acuerdo... ¿Cómo estás? Sobre Elviña, quien mejor te puede responder es el propio Bello. Yo llevo algunos años residiendo en Extremadura por motivos profesionales.
|
portada | subir