ves esta página sin formato por que esta hecha cumpliendo el estándar web CSS 2.
tú navegador no soporta este estándar, o tienes dicho soporte desactivado.
si estas en el primer caso,
actualízate. merece mucho la pena.
As cousas do día a día,
dende a trastenda arqueolóxica persoal de
José María Bello
Arquivos
< | Febrero 2025 | |
Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
|
|
|
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
*************************
*************************

*************************

©2002 elpater
Inicio >
Historias > Equlibrio de poderes
Equlibrio de poderes
2012-02-11 10:35:02+01
Andan o novo goberno do Estado e o poder xudicial a dicir que quen critica a delirante sentencia do supremo (e ao supremo mesmo) critica a propia democracia. E unha merda, señoras, e unha merda. A ver se empezan a se enterar do que é democracia, que xa vai sendo hora. Vostedes falan de separación de poderes. Certo. Pero esquecen o fundamental. Esa separación non é para que cada "poder" monte o seu virreinato independente e omnipotente á marxe dos outros, se non xustamente para o contrario: para que os diferentes poderes se controlen mutuamente, se equilibren, de xeito que ningún deles se poida sair de madre porque están vixilantes os outros dous.
O tribunal supremo (o escribo voluntariamente en minúsculas, as maiúsculas perdeunas coa cafurnada da inxusta, inxustificada e inxustificable sentencia contra Garzón, que non a favor do dereito á defensa como din, mentindo, os caguetas de chaqueta transmutable e transmutada) saiuse de madre. Dictou unha sentencia, dicindo que Garzón prevaricou, a todas luces falsa. E o deber dos outros dous poderes era, é, sair ao paso desa barbaridade. Non facelo é atentar contra a esencia da democracia.
Por eso, señores do goberno, señores do poder xudicial, a realidade é xustamente a contraria da que vostedes sinalan. A democracia non esixe sumisión de cada poder aos outros. Esixe, pola contra, permanente crítica, permanente vixilia, permanente defensa dos dereitos de cada un fronte ós abusos dos outros. Por iso deberían vostedes estar reclamando, como eu o fago xunto con millóns de persoas dignas, pola revisión e reforma do poder xudicial, pola transformación do que faga falla transformar para que non se poidan volver a dar sentencias tan delirantes, tan salvaxes, tan atentatorias contra a dignidade de todos como a que o tribunal supremo ven de regurxitar.
O supremo non fixo os deberes. O poder xudicial non fixo os deberes. O goberno non fixo os deberes. O parlamento non fixo os deberes. Garzón e a cidadanía sí.
Non nos carguen coas súas culpas.
2012-02-11 10:35 | 0 Comentarios
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/71271
Comentarios
portada | subir