Inicio >
Historias > Cousiñas chorras de sábado
Cousiñas chorras de sábado
2011-07-16 14:44:23+02
Hoxe é sábado e, xa que logo, día de descanso. Non tocan cousas serias se non máis ben
cousiñas chorras.
- Cousa chorras nº 1: A porra de
La Voz de Galicia. Non acertou ninguén. A solución correcta era a (a): non publicaron nada sobre as visitas a Elviña.
- Cousa chorras nº 2: Laureano non chamou. Hai silencios máis elocuentes que as palabras.
- Cousa chorras nº 3: Respostas ás dúas últimas preguntas capciosas de
Ángeles Afuera, que máis chorras non poden ser. Van:
"
¿Por qué las tres arqueólogas que le denunciaron por acoso y amenazas están relegadas en dependencias del Coliseo?"
A ver, dona, que non da vostede unha. Primeiro, en Elviña nunca houbo tres arqueólogas contratadas. Hai unha arqueóloga (a súa filla de vostede,
Begoña González Afuera) e dúas Axudantes de Arqueoloxía (
María Rodríguez Rodríguez e
Lucía Costa Suárez-Torga). O de poñer ás tres no mesmo plano é un vello truco da Arqueóloga a fin de escapar das responsabilidades propias do seu cargo, moi superior en grado, en salario e en responsabilidade, ao das outras dúas. Dito isto, haberá que aclararlle que no Coliseo están os
talleres e laboratorios oficiais do Museo Arqueolóxico, así como ás Sás de Reserva, nome pomposo que os museólogos usan para referirse ao que os mortais normales chaman (chamamos) almacéns. Isto é así dende o 2000, e nestes 11 anos ninguén soltou a chorrada de que traballar (ou facer que se traballa, ou mesmo torpedear o traballo) en lugares tan nobles fose estar relegado. Ata vostede, claro. Toda unha
crack, como xa dixemos.
"
¿Por qué la concejala de Cultura mira para otro lado?"
A Concelleira de Cultura á que vostede se refire,
María Xosé Bravo, xa non está e no que a min se refire tampouco a espero. Chega vostede un pouco tarde: hai que facer as preguntas con tempo dabondo, non cando vai tocar o
gong. Espabile, dona.
Por certo: ¿sabe vostede que saín completamente absolto, limpo, impoluto, das denuncias falsas ás que fai referencia? E, xa que o sabe, ¿por qué non o di? ¿Por iso de
calumnia que algo queda? Pois é unha baixeza, ¿non cre?
- Cousa chorras nº 4: Hoxe síntome xeracional. Entre
beat e
rock. Como teño que baixar a ver se pillo ainda algo de
pan de Carral mentres se asa un precioso polo de corral, enfundo pantalóns vaqueiros, botas camperas, chapeu
Stetson Safari Waterproof, que chove, e, baixo a cazadora, camiseta (perdón,
T-Shirt, é que eu vou pola vella) co célebre
digitus impudicus de Johnny Cash. E morreu o conto.
2011-07-16 14:44 | 0 Comentarios
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://quotidianum.blogalia.com//trackbacks/70107
Comentarios
portada | subir